Resultados de procura - Stewart, James, 1908-1997
James Stewart
James Maitland "Jimmy" Stewart, nado en Vinnegar Hill (Indiana, Pensilvania) o 20 de maio de 1908 e finado en Beverly Hills, no condado dos Ánxeles (California) o 2 de xullo 1997, foi un actor de cine, teatro e televisión estadounidense gañador do Premio Óscar ó mellor actor, famoso pola súa particular personalidade diante da pantalla. Durante o transcurso da súa carreira actuou en varias películas consideradas clásicos e foi nomeado cinco veces ao Premio Óscar, gañando unha vez en competencia e recibindo un pola súa traxectoria. Tamén tivo unha notable carreira militar alcanzando o grao de Brigadier Xeral na Forza Aérea dos Estados Unidos de América.Comezou estudando a carreira de arquitecto antes de ser atraído polo teatro na Universidade de Princeton. Os seus primeiros éxitos viñeron como actor no teatro de Broadway, antes de realizar o seu debut en Hollywood en 1935. A carreira de Stewart chegou a ter gran recoñecemento, logo da boa acollida recibida pola súa participación nas películas do director Frank Capra, incluíndo o seu rol que o nomeou ao Premio da Academia en ''Mr. Smith Goes to Washington''. A través das súas sete décadas en Hollywood, (comezou en 1935 e retirouse en 1991) Stewart cultivou unha carreira versátil e recoñecida no cine con clásicos tales como ''The Philadelphia Story'', ''Harvey'', ''Que fermoso é vivir'', ''A ventá indiscreta'', ''Rope'', e ''Vertixe''. É o actor máis representativo da lista de AFI's 100 Years... 100 Movies (10th Anniversary Edition). Desde 2007, 10 das súas películas foron incluídas no United States National Filme Registry. Informations fournies par Wikipedia