Resultados de procura - Petit, Michèle, 1946-
Michèle Petit
Michèle Petit, nada en París en 1946, é unha antropóloga francesa.Traballa como investigadora da Universidade de París 1 e é membro honorario do laboratorio LADYSS (Laboratorio de dinámicas sociais e recomposición dos espazos) do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS) en Francia. O devandito laboratorio dedícase ao uso das prácticas culturais e artísticas dos espazos en crise.
As súas principais liñas de investigación son a lectura e a súa función na construción ou reconstrución da identidade, así como os espazos de lectura. Publicou distintas obras a partir das súas reflexións e investigacións e foi convidada a diversos seminarios e congresos en varios países, particularmente en América Latina. En 2018 é considerada unha das maiores autoridades sobre a lectura no mundo. Informations fournies par Wikipedia