Garcilaso de la Vega

Garcilaso de la Vega, nado en Toledo contra o 1501 e finado o 14 de outubro de 1536 en Niza, foi un escritor español que desenvolveu a súa obra durante a primeira parte do reinado de Carlos I de España.

Foi defensor da causa do emperador en todo momento, incluso fronte aos comuneiros casteláns. Casou en 1525, pero ao ano seguinte coñeceu a Isabel Freyre, unha das damas portuguesas da emperatriz, da cal se namorou. Mais ela casou en 1529, o que produciu unha grave crise sentimental en Garcilaso. Isabel morreu de sobreparto en 1533. O seu amor imposible e a dor pola morte da dama deixaron un profundo baleiro nos seus poemas. En 1531 foi desterrado a unha illa do Danubio e despois a Nápoles por asistir ao matrimonio secreto, non autorizado polo emperador, dun dos seus sobriños. A súa estancia en Italia foi decisiva, pois alí relacionouse con importantes humanistas, leu e estudou os autores clásicos e escribiu os seus mellores versos. Faleceu en 1536 en Niza, como resultado dunha acción militar na Provenza. Informations fournies par Wikipedia
Résultat(s) 1 - 10 résultats de 10 pour la requête 'Garcilaso de la Vega, 1503-1536.' Limitar resultados