Resultados de procura - Fouillée, Alfred, 1838-1912
Alfred Fouillée
Alfred Jules Émile Fouillée, nado en A Pouëze o 18 de outubro de 1838 e finado en Lión o 16 de xaneiro de 1912, foi un filósofo francés do Positivismo espiritualista.Ensinou nos liceos de Douai, Montpellier e Bordeos e na École Normale Supérieure de París, pero abandonou ós tres anos por mor da súa quebrantada saúde. Escribiu ''La philosophie de Platon'' e ''La philosophie de Socrate'', que obtiveron premios da Academia de Ciencias. Tamén foron moi divulgados os seus ensaios ''La liberté et le déterminisme'' (1872), refundición da súa tese doutoral; ''Critique des systèmes de morale contemporaine'' (1883), ''O porvir da metafísica fundada na experiencia'' (1889), ''A psicoloxía das ideas-forzas'' (1893), ''Le mouvement idéaliste et la réaction contre la science positive'' (1895), ''La morale des idées-forces'' (1908) e ''Esquisse d'une interprétation du monde'' (1912).
Como filósofo adoita ser clasificado dentro do Positivismo espiritualista pregoado por Wundt. É o creador do concepto de ideas-forza, "que integran en unidade indisoluble os elementos aparentemente antagónicos da actividade e da pasividade, da acción e da intelixencia, da liberdade e do determinismo" (José Ferrater Moura). Informations fournies par Wikipedia