Resultados de procura - David, Jacques-Louis
Jacques-Louis David

Máis adiante David chegou a ser un activo participante na Revolución Francesa así coma amigo de Maximilien de Robespierre; en realidade foi un dos máximos expoñentes artísticos da República Francesa. Encarcerado tras a caída do poder de Robespierre, máis tarde aliñouse coa chegada doutro réxime político, o de Napoleón Bonaparte. Foi nesta época cando desenvolveu o seu ''Estilo Imperio'', notable polo uso de cores cálidas ao estilo veneciano.
Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a Antoine-Jean Gros, Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson e o máis coñecido de todos: Jean Auguste Dominique Ingres. Isto fíxoo ser o pintor máis influente da arte francesa do século XIX, especialmente nas pinturas académicas. Informations fournies par Wikipedia