Martin Cooper, nado en Chicago, Illinois, en 1928, é un enxeñeiro electrónico e inventorestadounidense. É considerado o pai do teléfono móbil. Cooper é o fundador de ArrayComm, unha compañía que traballa na investigación de antena intelixente e a mellora da tecnoloxía sen fíos de redes. Foi o director corporativo de Investigación e Desenvolvemento de Motorola. Recibiu a súa licenciatura en enxeñaría eléctrica do Instituto Tecnolóxico de Illinois en 1950 e recibiu o seu título de mestría da mesma institución en 1957.
Informations fournies par Wikipedia