Resultados de procura - Berkeley, George, 1685-1753
George Berkeley
George Berkeley, nado en Dysert o 12 de marzo de 1685 e finado en Oxford o 1 de xaneiro de 1753, foi un filósofo e clérigo irlandés, considerado o fundador da moderna escola do idealismo, teoría que afirma que a existencia de todos os obxectos físicos depende da mente. De acordo cos seus escritos de principios do século XVIII, unha mesa 'é' real só se unha mente a percibe. Polo tanto, os obxectos son ideas. Berkeley mantiña que non se pode concibir que a materia exista con independencia da mente; os fenómenos dos sentidos só poden explicarse supoñendo que hai un deus que provoca de forma continua a percepción na mente humana.
Informations fournies par Wikipedia